Dende este miradoiro
pode vostede contemplar unha panorámica do norte de Lantaño, que abarca desde a
serra do Barbanza até Cuntis e A Estrada, ademais dos terreos dunha Bouza do
Rei.
O auxe do tráfico de mercadorías con América e as disputas polo control das rutas marítimas con Francia e Inglaterra motivan que a casa real española decida controlar o subministro de madeira de calidade para a construción naval. Os bosques galegos preto da costa eran o mellor e máis abundante recurso, polo que por toda a nosa xeografía delimítanse por decreto as chamadas “Bouzas do Rei”, terreos reservados para o subministro de materia prima ás carpinterías de ribeira da coroa. Desde este miradoiro pódense contemplar os terreos do que no seu día foi unha Bouza do Rei, da que aínda se conservan algúns fitos de pedra coa súa delimitación.
O auxe do tráfico de mercadorías con América e as disputas polo control das rutas marítimas con Francia e Inglaterra motivan que a casa real española decida controlar o subministro de madeira de calidade para a construción naval. Os bosques galegos preto da costa eran o mellor e máis abundante recurso, polo que por toda a nosa xeografía delimítanse por decreto as chamadas “Bouzas do Rei”, terreos reservados para o subministro de materia prima ás carpinterías de ribeira da coroa. Desde este miradoiro pódense contemplar os terreos do que no seu día foi unha Bouza do Rei, da que aínda se conservan algúns fitos de pedra coa súa delimitación.
Dende o
descubrimento de América en 1492 o mar cobra un papel fundamental tanto no
comercio como na guerra. Galicia pola súa posición xeográfica xogou un papel
fundamental, non tanto no comercio coas Indias, como na guerra contra
Inglaterra e Holanda, así dende os portos galegos saíron ao mar algunhas das
expedicións navais máis importantes como a Armada
Invencible (reinado de Filipe II).
Naquelas
interminables guerras imperiais sufriron as xentes de Galicia enrolando
tripulantes e tamén achegando madeira para a construción naval. Durante os
séculos XVI e XVII caeron moitos bosques galegos para a construción da mariña
do Imperio dos Habsburgo. Ademais da posición estratéxica de Galicia, xogaron
un papel fundamental a existencia de fragas de carballo e castiñeiro que non
soltaban estelas o que as convertía en valiosas por ser estas a maior causa de
feridas nas batallas navais.
Para a construción
dun barco de guerra facían falla máis de 200 carballos centenarios e tamén
piñeiros (70-50% e 30-50% respectivamente). Tendo quen conta as dimensións só da
Armada Invencible (20 Galeras,
4 Galeazas, 25 Urcas, 35 Naos, 10
Carabelas, 10 Zabras, 11 Pinanzas, 20 Pataches e 1 Falúa) e que os barcos tiñan unha vida
media de 10 anos pódese
imaxinar a magnitude da desfeita. A escaseza de madeira levou a un decaemento
dos estaleiros galegos ao longo dos séculos XVII e comezos do XVIII.
En 1726 crease o estaleiro
de Ferrol cun consumo medio anual de 33.000 m3 pero, debido a falta
de arborado en Galicia, a maioría da madeira impórtase xa dende Asturias e das
chamadas “devesas reais” de outras partes peninsulares. Tal foi o grao da deforestación
que no Catastro de Ensenada, 1752, recoñécese que dó o 5% da provincia de
Pontevedra está cuberta por arborado, sendo o 76% carballos, o 10% soutos e un
2% piñeirais.
Xa en 1566 existía
preocupación por asegurar o subministro de madeira e iníciase a política
oficial de plantíos a partir da “Real Provisión” provocando numerosos
enfrontamentos coa poboación local. En 1748 os montes reais pasaron a depender
do Departamento Marítimo de Ferrol. Esta
norma xustificábase polo decadente estado das fragas, especialmente os achegados
á costa. A disposición perseguía un abastecemento sistemático e continuado de
madeiras para construír navíos e estendíase ás masas forestais localizadas
dentro das vinte e cinco leguas próximas á costa ou ríos navegables. Dentro do
Departamento de Ferrol no reino de Galicia foron adscritos los montes y bosques
da costa “dende a raia do Miño ata a raia de Asturias”, reunidos nas provincias
de Tui, Santiago, Coruña, Betanzos e Mondoñedo. Neles contábanse 729 devesas e
cotos Reais, ademais de montes comúns de pobos e freguesías pertencentes ás xurisdicións
de vilas, lugares e Cabezas de Partido.
Actualmente a
superficie forestal medrou pero non así a súa calidade pois está dominada en
gran medida por especies tan problemáticas coma o eucalipto.
Seguinte parada