Roteiro do monte de Lantaño


O roteiro

Este roteiro percorre a estrema e antigos camiños do monte común de Lantaño. No percorrido atópanse puntos de interese como a primeira lagareta rupestre localizada dentro da subzona Val do Salnés da D.O. Rías Baixas, un antigo pozo de rego cheo de vida e varios miradoiros cunha ampla panorámica.
http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=12093768Neste percorrido descubrirá que o monte é máis ca plantacións de árbores, máis ca fábricas de papel. Se o sabemos coidar o monte é unha fonte inesgotable de materias primas, alimento, medicinas, lecer, cultura e natureza. O monte é unha parte fundamental do noso patrimonio.
No camiño atopará os marcos do Monte Veciñal en Man Común de Lantaño pois, en parte, segue a estrema que separa o monte comunal das parcelas particulares. Estes marcos levan habitualmente o debuxo da liña na parte superior indicando a forma da estrema, recta ou en esquina, e a inscrición MP seguida do número de marco. A inscrición MP deriva de “monte público” pois, aínda que os montes comunais non o son, cando se deslindaron en 1967 dependían dos concellos e o ICONA polo que se consideraban públicos. Non foi ata o ano 1982 cando os veciños de Lantaño recuperaron o control do seu monte previamente usurpado pola Administración.

Acceso

 O acceso realízase dende a EP-8004 collendo o desvío sinalizado de Romai, no lugar de Almirante. Atopará o inicio despois de 600 m, á altura da ponte que cruza a AP-9.

Para non perderse

Para non perderse deberá estar atento aos marcos de pedra que delimitan o monte comunal. Iníciase o camiño no marco Nº 421 e segue en sentido descendente, con pequenos desvíos sinalizados, para rematar de novo neste punto. 

Paradas

Inicio: Monte de Lantaño

Miradoiro da Costa das Penas: Un mosaico depaisaxes modelado polo tempo

Lagareta rupestre: A historiaconservada na pedra

Pozo do Sabugueiro: A vida nacena auga

Miradoiro do Outeiro Grande

Miradoiro do Balcón de Cachal