Dende este miradoiro de tan só 202 m de altura pódense
observar nos días máis claros, detrás do Monte da Paradanta, puntos tan
afastados coma os cumios do Parque Nacional de Peneda do Gerês en Portugal, a
máis de 70 km de distancia. Esta perspectiva é debido a que nos atopamos a
carón da Depresión Meridiana, unha gran fractura, longa e ancha, que dende Tui
chega máis alá de Santiago de Compostela. Este val foi aproveitado dende tempos
antigos como ruta natural para unir o norte e o sur de Galicia e por ela
descorren a autoestrada do Atlántico, o Camiño de Santiago e anteriormente a
Vía XIX do Imperio Romano.
Este bolo granítico
forma parte do chamado "Plutón de Caldas de Reis", unha mole
granítica que se formou a partir de magma solidificado no interior da cortiza a
unha elevada temperatura e presión. Despois de millóns de anos de erosión estas
rochas quedan ao aire ofrecendo paisaxes encantados de bolos, abeiros e
pasadizos onde habitan mouros e fadas.
Este
val (depresión Meridiana) foi aproveitado dende tempos antigos como ruta natural para unir o
norte e o sur de Galicia e por ela descorren a autoestrada do Atlántico, o
Camiño de Santiago e anteriormente a Vía XIX do Imperio Romano e
posiblemente camiños aínda máis antigos.
No límite da parroquia de Lantaño atopase unha
mámoa (Neolítico) na zona do Castro de Rial sendo o máis antigo vestixio de
poboadores na parroquia; no resto do concello tense noticia de outras dúas (no
Liñar e en Porta do Conde).
De tempos máis recentes son unha machada de
talón (Idade do Bronce) atopada, xunto con restos de núcleos, no monte da
Mourenta no lugar de Casal, grazas aos traballos dos arqueólogos Gil y Casal e
de López Cuevillas, aínda que hoxe esta machada está desaparecida. Nesta época
protohistórica comezan despegan os intercambios comerciais marítimos co mundo
mediterráneo e atlántico.
A pegada da prehistoria remata co Castro de
Rial (Idade do Ferro) situado entre o Rial e o lugar de Piñeiro, xa en Portas.
Segundo as notas da Dirección Xeral de Patrimonio trátase dun castro cun só
recinto, con defensas naturais de terraplén. No interior obsérvanse restos de
muros, anacos de cerámica, de ladrillos e muíños de man. A falta de estudos
arqueolóxicos non nos permiten saber máis sobre estes restos. O pobo que
habitaba esta zona serían os Cilenos e os seus territorios irían do Lérez ao
Umia.
Da época romana non se atoparon restos na
parroquia pero si no concello destacando o achado na veciña parroquia de Romai dunha
ara votiva cunha inscrición dedicada a un deus galaico. A partires da chegada
dos romanos, coa escrita, abandónase a prehistoria e entramos na historia. Ata
ben entrada a idade media as evidencias escritas son moi escasas pero a
organización vai evolucionando conformando as actuais aldeas.
A primeira referencia ao nome da parroquia de
Lantaño fai referencia a un antigo mosteiro beneditino no século X. A mediados
do XII pasa a depender do mosteiro da Armenteira e polos escritos sabemos que,
xa daquela, era unha zona produtora de viño.
Xunto co mosteiro existía unha ermida de San
Bieito do Monte da cal hai referencias entre os séculos XV e XVII debendo ser
unha capela importante a que acudían romeiros. A localización desta primeira
ermida de San Bieito e o mosteiro non son coñecidas pero apúntase que poderían
estar no lugar do Rial, no actual pazo de San Bieito, e que de aí lle veña o
nome.
Frei Martín Sarmiento o 3 de xullo do ano 1754
pasou por Lantaño e fixo as seguintes anotacións:
Portas, feligresia a la derecha la Iglesia. Aquí se
registran tres puertas, o entradas para el territorio de Salnés. Yo entré por
el medio. A mi izquierda quedaba una entrada entre dos montes: y otra a la
derecha, por donde van unidos los dos Ríos Umia y Avermaña, á la Puente Arnélas y
Salina. Asi creo que á eso aludió el nombre de Portas.—Almirante, yá en
Lantaño. ---Outeyro.---Hermita de San Benito.—Lantáño, legua, la Iglesia a la izquierda.---Paredes
Hermita de Santo Domingo.---Cachal,--Rasuñade, es de San Juan de Bayon, a donde
se pasa por la Barca
de Lantaño y queda a la derecha.--- Paradela, media legua. Aquí esta la Torre y Castillo de Lantaño,
que hoy es del Arzobispo.—San Martiño.—Monte Goulla y Hermandad de San
Gregorio, a la izquierda; a la derecha la Iglesia de Paradela.—Pompeán. Aquí la Casa de los Bazanes.—Hermita
de Santa Teresa, que es de la
Casa de…
Seguinte parada