O roteiro
Este percorrido segue parte do antigo camiño que unía as aldeas de Fontenla e Paraíso remontando o río Umia. Durante o paseo poderá descubrir a importancia dos ríos para a biodiversidade e para o ser humano.
Este roteiro está promovido pola Comunidade de Montes
Veciñais en Man Común de Lantaño formando parte do proxecto de recuperación do
monte como espazo de lecer e goce dos veciños. Xunto con esta actuación
realizáronse plantacións de especies frondosas en todo o linde do monte así como
a retirada de lixo e entullos.
O monte achega recursos como a madeira con valor económico directo pero tamén bens e servizos imprescindibles aínda que imposibles de cuantificar economicamente. Xera e purifica o aire que respiramos, limpa e depura a auga que bebemos, da corpo as nosas paisaxes, é fogar, refuxio e garante da supervivencia da biodiversidade, achéganos coñecemento e enriquece a nosa cultura.